Wednesday 01 de May de 2024

A casa da cultura da Pobra acolle a mostra fotográfica A Orixe: a diabetes, un camiño de vida


Unha exposición fotográfica que busca concienciar sobre a diabetes chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal.

Baixo o título A Orixe: a diabetes, un camiño de vida, esta mostra abrirá ao público no 19 de abril, ás 20.00 horas, coas intervencións da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e da presidenta da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia), María José Rego.

Trátase dun proxecto financiado pola área da Cultura da Deputación da Coruña, que emprega o camiño A Orixe como fío condutor para amosa-las distintas etapas que atravesan as persoas despois do diagnóstico da diabetes; para iso, emprégase o formato de instantáneas captadas polo fotógrafo Víctor Manuel Martínez, coñecido como Pichero.

A entrada é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.

Deja un comentario